Alejandro Rodríguez proclámase campión de España escolar coa selección galega

Alejandro Rodríguez competindo en Fene | Triatlón Ferrol

O canteirán do Triatlón Ferrol Alejandro Rodríguez foi partícipe da vitoria de Galicia no campionato de España por seleccións autonómicas escolares.

O cadete foi duodécimo na proba individual e cuarto co seu equipo de relevos.

Pola súa banda, as infantís Lucía Piñón e María Filgueiras formaron parte do relevo mixto que conseguiu o mellor tempo entre os equipos da súa categoría, nunha proba non competitiva e, polo tanto, sen medalla pero si co seguimento dos seleccionadores para futuras convocatorias.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …