La Xunta apoya a 9 Escuelas Infantiles de Iniciativa Social de Ferrolterra con una ayuda de más de 530.000 euros

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou a Escola Infantil Aloha, para nenos e nenas de 0 a 3 anos. No encontro informou da resolución da orde de axudas para o mantemento destes recursos de conciliación e atención á primeira infancia dependentes de entidades de iniciativa social (EPIS). Este centro recibe unha axuda de 33.018 euros para garantir unha atención de calidade para os seus usuarios.

A través de estas achegas a Xunta apoiara a 19 centros na provincia da Coruña cun investimento total que supera os 1,1 millóns de euros. Concretamente, na cidade de Ferrol, en Fene e en Narón recibirán estas axudas, que ascenden a máis de 530.000 euros, nove escolas infantís.

Ovidio Rodeiro destacou, durante a visita, que a Consellería de Política Social aumenta o vindeiro curso escolar 2019/2020 nun 5% o número de prazas públicas en escolas infantís dependentes de Entidades Privadas de Iniciativa Social (EPIS), ata acadar as 2849 en toda Galicia.

Deste xeito, a Xunta consolida a oferta de prazas de 0 a 3 anos que pon a disposición das familias galegas en centros de iniciativa social, as cales teñen os mesmos prezos en atención educativa que as escolas que forman parte da rede autonómica da Galiña Azul. O crédito total das achegas supera os 3,4 millóns de euros, dos cales 1,1 se destinan á provincia da Coruña, e están dirixidas a subvencionar gastos de persoal, de alimentación e outros xerais de mantemento destes recursos.

A contía da axuda que percibe cada centro varía en función do número de unidades que ten en servizo e de se prestan servizo de comedor. Ao igual que en anteriores convocatorias, concederase un anticipo do 80% da cantidade subvencionada para garantir a liquidez da entidade beneficiaria e tamén se permite xustificar a axuda mediante módulos, o que simplifica e axiliza o trámite.

Ovidio Rodeiro puxo en valor “outras medidas postas en marcha para favorecer a conciliación entre as familias galegas como a Tarxeta Benvida, o Bono Coidado, as Casas Niño, ou o Bono Concilia, que ten aberto, neste momento, o prazo de solicitude”. Ademais, lembrou que “a comunidade galega conta con más de 25.000 prazas públicas de atención á infancia de 0-3 anos, o que eleva a ratio de cobertura un 44%, 11 puntos por riba da recomendada pola Unión Europea”.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …