A alcaldesa de Narón presidiu a recepción aos dez menores saharauis que participan no programa “Vacaciones en Paz”

Un total de dez menores saharauis, de entre 11 e 14 anos, pasarán este verán con nove familias de acollida de Narón a través do programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro; a concelleira de Benestar Social, Catalina García, e os portavoces de Terra Galega, Román Romero; PSOE, José David Pita, e PP, Germán Castrillón, asistiron ao acto de recepción oficial dos nenos e nenas, que chegaron acompañados polas súas familias de acollida e por representantes da citada asociación na comarca.

Os nenos e nenas desprazáronse ao Concello, donde foron recibidos pola alcaldesa e polo resto de integrantes da corporación local. Ferreiro deulles a benvida aos menores e desexoulles unha boa estancia na cidade, animándoos a desfrutar de eventos e instalacións municipais durante estes días de verán. Así mesmo, un ano máis agradeceu o labor de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e especialmente a colaboración das familias de acollida “os artífices de que este programa se continúe mantendo e permita afastar aos nenos e nenas das elevadas temperaturas que nesta época do ano se rexistran nos campamentos de refuxiados de Tinduf, no deserto arxelino”.

A concelleira de Benestar Social tamén destacou a participación neste programa das familias da cidade e animou ás veciñas e veciños interesados en coñecelo máis polo miúdo en facelo a través da asociación ou do propio Consistorio.

Dende o Concello estase xestionando unha visita cos nenos e nenas ao acuario da Confraría de Pescadores de Barallobre e tamén un percorrido por un circuíto en todoterreo nunha parcela de Río do Pozo e por algunha zona máis da cidade e tamén a visita a clubes da cidade para practicar algunha actividade deportiva. Os menores saharauis recibiron como agasallo unha mochila e un vale por importe de 60 euros para canxear no establecemento local Din&Don.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …