Once compoñentes do Triatlón Ferrol compiten en Lugo este domingo

Pablo Pedrosa nunha proba | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol participará con once triatletas no Tríatlon do Miño deste domingo.

Despois de que Marcos Ruiz, Juan Rejas e Jorge Morado se clasificasen en Poiopara o campionato galego, serán Pablo Pedrosa, recente campión galego sub-23 de distancia olímpica, Juanchi González e Jose Ferraces quen busquen en Lugo a súa praza para o autonómico esprinte.

Sen ese incentivo, Manu Pita, Ricardo Fernández, Luis Rilo, Marcos Caneiro, Pablo Sanjurjo, Borja Catrufo e José María Eiroa participarán na proba sen tempo de corte para finalizar.

E na cita popular, en distancia superesprinte, a canteirá Lucía Piñón competirá despois da súa participación coa selección galega escolar.

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …