O alcalde, Ángel Mato, e as concelleiras Eva Martínez e María Teresa Deus recibiron aos participantes na travesía Navega o Camiño

Ángel Mato na recepción a Navega o Camiño | Concello de Ferrol

O alcalde, Ángel Mato, e as concelleiras Eva Martínez e María Teresa Deus, recibiron esta tarde aos participantes na travesía Navega o Camiño, que este ano alcanza a súa cuarta edición e por primeira vez recala en Ferrol. Os tres tiveron a oportunidade de departir tanto con membros da organización como con algúns dos participantes, que se reuniron no porto para celebrar a escala cunha festa que estivo moi concorrida e que contou coa presenza de numerosos ferroláns que se achegaron ata Curuxeiras.

Os organizadores mostráronlles ao alcalde e ás concelleiras o seu agradecemento pola colaboración do Concello de Ferrol, e Ángel Mato, á súa vez, expresou o seu desexo de que Ferrol se converta nunha escala habitual desta travesía, que comezou no porto francés de La Rochelle e nos seguintes días percorrerá boa parte da costa galega.

Lea también

O BNG censura o «comportamento caprichoso» do goberno local ao pretender mudar de data o Pleno Ordinario

O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol censura a pretensión do alcalde da …

Un comentario

  1. Todo muy bien, muy bonito, pero a ver si este gobierno arregla pronto la zona bombardeada.. Eso es lo que parece la entrada de Ferrol por el puerto: una zona bombardeada…