Visita da concelleira de Benestar Social de Ferrol ao Centro de Día de AFAL

Visita de Eva Martínez Montero a AFAL | AFAL Ferrolterra

A concelleira de Benestar Social de Ferrol, Eva Martínez Montero, visitou esta mañá o Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol). Unha visita na que a edila compartiu por unhas horas o día a día da asociación. O presidente de AFAL, Francisco Pantín, xunto ao director de administración, José María Otero, dáballe a benvida sobre as 12,30 horas para, de seguido, iniciar un percorrido polas diferentes dependencias con parada nas salas de terapias, onde os usuarios estaban a participar, nese momento, en sesións de ximnasia e estimulación cognitiva lúdica a través das pantallas táctiles.

Así mesmo, unha das usuarias fíxolle entrega dun pequeno agasallo, unha das pulseiras solidarias de AFAL, como lembranza do seu paso polo centro. Ademais, a concelleira mantiña ao remate da visita unha xuntanza de traballo co presidente e o director de administración. Nela, abordáronse posibles liñas de colaboración, e a asociación planteoulle a posta en marcha de talleres de estimulación cognitiva fóra dos centros de día. Unha fórmula de descentralización da actividade da asociación que facilitaría o acceso ás terapias por parte de veciñas e veciños da cidade afectados nunha fase inicial. E unha iniciativa que a concelleira comprometeuse a estudar. Por último, edila e directiva tamén trataron iniciativas relacionadas coa próxima celebración do Día Mundial do Alzhéimer, no mes de setembro.

Por último, a concelleira quixo destacar o importante labor que leva a cabo AFAL Ferrolterra a favor das persoas afectadas de alzheimer e das súas familias, un pilar fundamental para afrontar esta doenza, namentras que o presidente de AFAL agradeceulle especialmente a visita, a segunda que realiza nos últimos meses e a primeira como concelleira.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …