Dous homes do Triatlón Ferrol, a Arteixo pola praza para o campionato galego

Juanchi González nunha proba – Triatlón Ferrol

Juanchi González e Marcos Caneiro serán os integrantes do Triatlón Ferrol que opten en Arteixo a facerse cunha praza para o campionato galego.

Na proba sen tempo de corte para rematar, Luis Rilo, Manu Pita, Borja Catrufo, Alberto Caneiro, Pablo Sanjurjo e José María Eiroa representarán as cores do conxunto departamental.

Pola súa banda, a Escola Javi Gómez Noya será a protagonista da proba popular da praia de Sabón xa que participarán os infantís Sabela Caneiro, Ainara Pita, Bruno Castro e Daniel Portomeñe.

O Tríatlon de Arteixo celebrarase na mañá do domingo en distancia esprinte -750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira- para as probas do circuíto galego e superesprinte, a metade, no caso da cita popular.

Lea también

Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde …