Os triatletas do Triatlón Ferrol, protagonistas da popular de Arteixo

Juanchi González en Avilés – Triatlón Ferrol

Sabela Caneiro e Ainara Pita dominaron parte da proba popular miniesprinte de Arteixo ata ser segunda e terceira respectivamente.

Saíndo da auga nas primeiras posicións, Sabela Caneiro tomou a dianteira da proba no ciclismo pero, ao volver á competición tras unha lesión que a tivera parada, foi superada na carreira a pé final aínda que puido aguantar para colgarse a prata e agardar pola súa compañeira Ainara Pita, bronce. Ademais, as dúas infantís da Escola Javi Gómez Noya repetiron medalla na súa categoría de idade.

Pola súa banda, Juanchi González foi o mellor do Triatlón Ferrol na proba de circuíto galego, rematando na 38ª posición. Por detrás, Marcos Caneiro -43º-, Luis Rilo -75º-, Borja Catrufo -77º-, Manu Pita -85º-, José María Eiroa -89º-, Alberto Caneiro -91º- e Pablo Sanjurjo -94º- serán os integrantes do Triatlón Ferrol que opten en Arteixo a facerse cunha praza para o campionato galego.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …