Ferrol en Común considera unha decisión inxustificada e contra os intereses da cidadanía desbotar a construción dun aparcadoiro disuasorio no barrio de Canido

Fot. Google

Trala nova aparecida en medios de comunicación da intención do actual goberno de paralizar o procedemento aberto da Contratación das obras incluídas no Proxecto básico e de execución, e estudio de seguridade e saúde para o aparcadoiro disuasorio da Rúa Alegre-Canido, Ferrol en Común quere amosar «a súa máis absoluta desconformidade tanto no fondo como na forma» xa que, según a formación liderada polo ex alcalde Jorge Suárez, a decisión foi tomada «por canles que non se corresponden co chamado ao diálogo feito polo Alcalde na súa sesión de investidura tal e como puxemos de manifesto na Comisión correspondente, ao non debaterse en ningún órgano, sexa comisión ou sexa xunta de voceiros/as, e saber a nova os grupos municipais a través dun medio de comunicación«.

O procedemento «está aberto«, con orzamento consignado de 136.843,23€, IVE incluído, «aberto o sobre A e feita a valoración técnica das dúas empresas presentadas, como se pode comprobar no perfil do contratante do concello de Ferrol, na plataforma de contratación do Ministerio de Facenda, nesta ligazón, incluso aberto o sobre de oferta económica das dúas empresas presentadas

Según Ferrol en Común o informe dos técnicos municipais avala este aparcadoiro disuasorio, tras estar asinado un contrato con data do 10 de xullo de 2018 con dona Carmen Pardo en representación da “Comunidade de Herederos Soto”.

Para a formación existe una necesidade «real«, está asinado un contrato de arrendamento «para a súa efectividade con plenas garantías xurídicas, informado polos habilitados nacionais, é compatible co PXOM e a Lei do solo, e a suspensión cautelar demandada no xulgado foi denegada de plano«.

Dende Ferrol en Común instan ao goberno local a «reconducir a situación«, para favorecer a mobilidade na cidade, nomeadamente «para acadar un centro da cidade máis sustentable, favorecer a peonalización e liberar do colapso automobilístico especialmente a zona dos Xulgados, e continuar co procedemento para acadar fitos nunha cidade máis acorde co Plan de Mobilidade coa creación de 165 prazas, cuxa anulación suporía ir contra os principios programáticos acordados entre Ferrol en Común e o grupo socialista, no seu punto sétimo, relativo a un urbanismo transparente, democrático e sostible«.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …