A Alcaldesa de Narón asina tres convenios de colaboración con entidades sociais

A Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou na mañá deste luns convenios de colaboración coas presidentas das entidades Asociación “Patronato Concepción Arenal”, Beatriz Dorrio; Asociación ALMAT, Paula Calvo; e Asociación BBTTA, Noemi Rodríguez, cunha achega municipal dun total de sete mil euros. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, asistiu tamén a esta convocatoria.

A alcaldesa expresou o agradecimento ao traballo que levan a cabo estas entidades que dirixen a súa actividade á atención e asesoramento de mulleres (e aos seus fillos/as en algúns casos), en temas e situacións diversas, e manifestou o compromiso do concello en seguir apoiando no futuro o traballo que desde esas entidades se leva a cabo.

As representantes das entidades firmantes, asimesmo, destacaron e agradeceron a colaboración e implicación do concello de Narón para poder seguir adiante cos obxectivos marcados e o servizo á comunidad tal como se plantexan desde as entidades mencionadas.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …