FeC insta ao «desenvolvemento inmediato» do proxecto de estaleiro 4.0 e a construción dun AOR «para evitar unha depresión socioeconómica en Ferrolterra»

Fot.Adán Puentes

Ferrol en Común afirma nun comunicado remitido este martes que o conxunto de factores «que levan ao abandono e desprezo máis absoluto da nosa comarca polo Partido Popular e Partido Socialista«, está abocando a «perpetuar a crise demográfica en Ferrolterra«, con mozos e mozas impelidos á emigración, un envellecemento e descenso da poboación activa pronunciado, e unha perda de activos formados para a construción de buques, «que no futuro do desenvolvemento das fragatas F-110 vai ser imposible paliar«.

Dende Ferrol en Común consideran que só hai unha única solución, viable e determinante para reverter a situación: «a vontade política«. Contemplan «con preocupación o freo radical ao Estaleiro 4.0, fundamental para a viabilidade no futuro do sector naval público, máis se cabe logo da resposta dada por parte do goberno á deputada Yolanda Díaz, onde se nega calquera competencia para desenvolvelo, nin SEPI, nin Defensa, nin Fomento parecen querer ser o órgano substantivo que arranque o proxecto«.

Logo de seren presentado por Navantia Ferrol no concello o anteproxecto no mandato anterior e contrastado polos técnicos municipais, «achegando melloras que evitasen recheos innecesarios e un aparcadoiro medioambientalmente insostible, parecía que o proxecto ía dar inicio inmediato«. Co cambio de corporación se atopan con que «unicamente está consignada unha partida para un taller de robotización de sub bloques, que non ten nada que ver coa proposta inicial, non garante o dique cuberto nin a modernización requirida, pese a conformidade visto e prace do señor alcalde e o delegado do goberno, que non coñecen, ou non queren coñecer, cunha actitude servilista ao seu partido, antepoñendo siglas a persoas, a necesidade vital do desenvolvemento do deseño inicial, ligado á construción das fragatas F 110, para que Ferrolterra volva ser polo industrial e traccione o resto dos nosos sectores produtivos, xa que logo un posto de traballo no sector industrial multiplica o emprego indirecto noutros sectores«.

Logo de manifestacións públicas que comparten no seo da mancomunidade, no Pleno do Concello no mandato anterior de Jorge Suárez e reivindicacións de organizacións sindicais e políticas de todo espectro ideolóxico, instan ao goberno «a que a súa primeira medida sexa a sinatura dun AOR, necesidade manifestada pola Armada, que non require deseño de enxeñería e que suporía evitar unha crise estrutural nun sector, o da industria auxiliar, xa suficientemente precarizado e atacado polos que queren facer de Ferrol unha cidade illada nas infraestruturas e no emprego, e evitar o colapso social que incremente a despoboación, a asistencia social e a dependencia extrema de subsidios«.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …

2 comentarios

  1. «O conxunto de factores “que levan ao abandono e desprezo máis absoluto da nosa comarca…» En serio este señor, Jorge Suárez ha dicho esto??????? Él habla de «abandono»????? De verdad, hay que tener ….

  2. Hay que tener cuajo para decir esas mentiras en público y ni siquiera sonrojarse.

    Para empezar la Armada ha dicho clara y específicamente que no necesita un AOR, porque al más antiguo le quedan entre diez y qince años de vida útil; para seguir: El anterior gobierno no apoyó para nada (y mucho menos promovió) el astillero 4.0.

    Pero sobre todo: Debería darle vergüenza ni siquiera hablar de esa marina a la que despreció continuamente durante todo el mandato.

    Yo creo que no se puede tener más cara.