Concentración ante o Concello de Narón para esixir á Xunta a reapertura da escola de Pedroso.

Celebrouse ás 12.00 da mañá deste martes a concentración diante do Concello de Narón, para
esixir á Xunta a reapertura da escola de Pedroso, e que forma parte das medidas decididas polas familias afectadas xunto cos representantes políticos da cidade para lograr o cumprimento da promesa feita pola Administración Autonómica a varias familias de Narón interesadas en matricular aos séus fillos e fillas na Escola Unitaria de Pedroso, unha vez que o número de solicitudes de matrícula cumpría a ratio establecida como condicionante para reabrir a mencionada escola.

Conouse coa presencia  representantes dos grupos políticos municipais (TEGA, PP, PSOE e BNG) coa alcaldesa, Marián Ferreiro, ao fronte, acompañados por representantes da Federación de ANPAS, xunto coas familias afectadas e outros veciños e veciñas de Narón.

A pesar de cumprir o requisito esixido pola Xunta, as familias descoñecen ata o día de hoxe (martes) se
terán a posibilidade de matricular para o vindeiro curso aos seus fillos/as.

Tendo en conta a non disposición da Conselleira a recibir ás nais e pais afectados que ían ser acompañados a Santiago de Compostela este martes pola alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e outros membros dos grupos políticos municipais, decideuse conxuntamente coas familias levar a cabo esta
concentración e non descartan adoptar outras medidas ao respecto ata que a Consellería consinta en manter a reunión que desde fai tempo se lle ven demandando para que dea resposta á promesa efectuada no seu momento de reabrir a escola de Pedroso e posibilitar a matriculación do alumnado.

Lea también

Narón-«XII Mercado de 2ª man» en Sedes

O «Mercado de 2ª man” organizado polo Concello de Narón alcanzará este ano a duodécima …