O Concello e o Cidade de Narón asinan un convenio de colaboración cunha vixencia anual

José Oreona, Marián Ferreiro e Almudena Fariña asinando o convenio | Concello de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a presidenta do Club Cidade de Narón de fútbol sala, Almudena Fariña, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia deportiva co obxectivo de promocionar e fomentar a actividade de Fútbol Sala e a participación en diferentes campionatos da dita especialidade difundindo a imaxe do Concello de Narón.

O acordo ten unha vixencia anual (do 1 ó 31 de xaneiro de 2019) e, a través do mesmo o Club recibirá do Concello unha achega de 59.000 € para o desenvolvemento da actividade deportiva do fútbol sala en tódolos niveis.

Asimesmo, poderá utilizar as instalacións do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, o Pavillón Campo da Serra e o Pavillón da Mocidade.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …