A concelleira de Benestar Social comprobou o funcionamento do centro de maiores da rúa Río Xubia

Eva Martínez Montero na visita ao centro de maiores | Concello de Ferrol

A concelleira de Benestar Social visitou esta mañá o centro municipal de maiores da rúa Río Xubia, que xestiona a asociación Dignidad. Representantes da ONG expuxéronlle a Eva Martínez Montero cales son as necesidades destas instalacións, que abren todos os días da semana en horario de mañá e tarde grazas a unha entidade que leva a cabo diferentes accións en colaboración co Concello de Ferrol.

A edil tomou nota de actuacións que deben ser levadas a cabo e, a continuación, comprobou de primeira man como é o funcionamento do comedor sénior. O do centro de maiores é un dos catro que prestan este servizo na cidade, que, en total, ofrecen 120 prazas. Xunto con Xantar na Casa, este servizo é un dos máis valorados no ámbito do benestar social, xa que tamén cumpre unha función de acompañamento para as persoas maiores.

Lea también

Ciclo de Aulas temáticas para a promoción da saúde dos maiores na AVV de San Pablo en Ferrol

Están organizadas pola Asociación Cáritas e a Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación …