Ferrol en Común demanda a reactivación da comunicación coa cidadanía por medios telemáticos

Fot.Adán Puentes

Co avance de internet e a disposición practicamente universal do acceso ás novas tecnoloxías, Ferrol en Común utilizou no seu mandato as redes sociais e os grupos de difusión vía móbil para achegar á cidadanía as novas máis relevantes relacionadas coa actividade municipal, toda vez que a inmediatez requirida para certo tipo de informacións non podía ser cuberta polos medios tradicionais e, dando impulso ao desenvolvemento da administración electrónica, que tamén debe abranguer á comunicación administración e administrado.

Así, ás 9230 persoas que seguen a páxina do concello en Facebook, as 5081 que atenden twitter e os milleiros de persoas que seguían actividades culturais ou de turismo en páxinas de redes sociais como a do Teatro Jofre, «están a día de hoxe desatendidas«, afirman dende Ferrol en Común, poñendo como exemplo «o caso da páxina de Facebook oficial do Concello de Ferrol, que leva sen actualizar dende a investidura do actual alcalde«.

A maiores, unha canle en constante crecemento creada polo goberno anterior, o grupo de difusión de Whatsapp, Ferrol + conectado, con preto de 2000 persoas suscritas, «non se volveu actualizar«. Nesta canle, o goberno ofrecía información de toda índole, eventos culturais e deportivos, actos de entidades sociais, actividades desenvoltas por todas as concellerías, tales como obradoiros ou actividades da casa da muller. Facilitábase tamén a apertura de prazos importantes, que evitaba a atención constante ao BOP ou outros diarios oficiais, para posibilitar unha áxil relación coa administración e evitar a preclusión de prazos que puideran prexudicar á veciñanza. Non só iso, se non que tamén se avisaba con celeridade das diferentes alertas de seguridade e servizos, para evitar molestias innecesarias, tales como cortes de auga, de viais por obras ou alertas meteorolóxicas.

Ferrol en Común insta ao actual goberno a recuperar esas canles de comunicación, «recollendo unha demanda cidadá de moitas persoas que nos trasladan esta inquedanza e para acadar unha proximidade acorde cos tempos en que vivimos coa veciñanza de Ferrol«.

Lea también

Ferrol se adhiere a la Red de Municipios en Transición Justa-ACOM

El teniente alcalde de Ferrol y concejal de Promoción Económica y Empleo, Javier Díaz, avanzó …

2 comentarios

  1. vaia…..co que fixeron en Ferrol ainda se atreven a falar

  2. Home, yo en enero pedí información para poder solicitar un certificado de empadronamiento a través del correo que ponía la web y me respondieron a las 3 semanas que tenía que ir en persona. No es que funcionase todo tan bien.