O Trofeo Concello de Mugardos enfrontará ao Galicia de Mugardos e ao CD As Pontes

Domingo Martínez e Pilar Díaz na presentación do Trofeo Concello de Mugardos | Concello de Mugardos

A alcaldesa Pilar Díaz vén de reunirse co presidente do Club Galicia de Mugardos, Domingo Martínez, para abordar a celebración da 48 edición do Trofeo “Concello de Mugardos” de fútbol, unha cita clásica da pretemporada que adoita levar a un importante volume de público ao campo municipal da Pedreira. De novo este ano, como xa sucedeu o pasado agosto, o equipo local enfrontaráse ao Club Deportivo As Pontes. O partido comezará ás 19.00 horas e a entrada será gratuita.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, felicitou ao Club Galicia de Mugardos pola súa recente clasificación para as semifinais da Copa Diputación e desexoulle a vitoria no próximo partido que vai disputar este domingo, día 11, tamén no campo municipal da Pedreira. Recordou que o equipo pechou a temporada pasada cun merecidísimo ascenso a Preferente Autonómica e expresou a súa confianza en que o futuro inmediato lle depare novas alegrías.

Tanto a rexedora local como o responsable da entidade deportiva destacaron a veteranía do trofeo “Concello de Mugardos” e invitaron a todos os afeccionados e afeccionadas ao fútbol da contorna a acudir ao campo da Pedreira para encher de bo ambiente as gradas e animar un partido que sempre é unha ocasión para medir forzas de cara ao comezo do novo campionato de liga.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …