A Xunta reitera que co plan de reinstalación os mariscadores da ría ferrolá poderán recuperar a súa actividade

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, fixo fincapé no Parlamento que coa posta en marcha do plan de reinstalación de moluscos procedentes de zona C, os mariscadores de Ferrol poderán recuperar a súa actividade habitual e obter beneficios económicos dela. Rodríguez Carballo reiterou que a Consellería do Medio Rural e do Mar non excluíu ás mariscadoras a pé do Plan de dinamización da Ría de Ferrol e que adoptou medidas diferentes para cada colectivo tendo en conta as súas casuísticas, métodos de traballo e ingresos, que difiren dun tipo de marisqueo a outro.

Así, a Consellería constatou que a media de ingresos das vendas en lonxa dos mariscadores de a pé de Barallobre é semellante á do resto dos mariscadores de Galicia. A responsable de Desenvolvemento Pesqueiro explicou que o cobro das axudas polos convenios de limpeza e rexeneración das zonas C nesa zona supoñía uns ingresos medios por mariscador de máis do dobre en relación ao resto dos mariscadores de Galicia, que non perciben axudas.

Respecto da rebaixa da talla mínima da ameixa xaponesa acordada pola Unión Europea, Susana Rodríguez recalcou que o regulamento europeo é de directa aplicación, polo que a Administración autonómica non ten a obriga de trasladar o seu contido ao sector. En todo caso lembrou que esa redución se aprobou no 2008 e daquela non se lle trasladou ao sector. De todos modos, a Consellería do Medio Rural e do Mar “estimou necesario” enviar unha circular ao sector aclarándolle que ata o 31 de decembro deste ano poden comercializar ameixa xapónica a partir dos 35 mm.

Na súa intervención tamén subliñou as xestións realizadas pola Consellería ante a UE acerca doutro tipo de ameixa, a babosa, sinalando que estas permitiron, tal e como demandaba o sector, a rebaixa da talla da ameixa babosa naqueles bancos marisqueiros onde está demostrado que esta especie, por factores medioambientais, medra por debaixo do normal sen afectar ao ciclo reprodutivo do molusco.

Lea también

Todo en marcha para la celebración los días 3 y 4 de mayo de la Fashion Night en A Magdalena

Todo está en marcha para la celebración de la Fashion Night de A Magdalena que …