Os bombeiros retiraron un niño de velutinas situado a 18 metros de altura

Os bombeiros retirando o niño de velutina en Valenta | Concello de Ferrol

Unha dotación dos bombeiros de Ferrol acudiu esta mañá ao parque municipal da Valenta, na zona de San Pablo-Catabois, para retirar un niño de avespas velutinas. Encontrábase na copa dunha árbore, a 18 metros de altura, polo que foi necesario empregar o brazo telescópico do camión para chegar ata el.

Foron veciños da zona os que detectaron o niño e se puxeron en contacto co Concello para solicitar a súa retirada. Desde o departamento de Seguridade, que dirixe o concelleiro Germán Costoya, deron curso á petición con urxencia, xa que a presencia de velutinas na zona verde podía constituír un perigo para as persoas que soen acudir a ela.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …

Un comentario

  1. A plena luz del día…
    Mañana en vez de avispas agrupadas en un nido tendremos unos cuantos cientos de ellas «locas» haciendo tres o cuatro nuevos!!!.
    BRAVOOO…