O Concello de Narón inicia traballos de mellora de accesibilidade en catro áreas da cidade valorados en 264.000 euro

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse na mañá deste xoves á zona das Vivendas de Virxe do Mar para supervisar o estado de execución dos traballos de mellora de accesibilidade que se realizan nese núcleo urbán. A actuación, que se completará con outras proxectadas na zona urbana da cidade, suporá un investimento licitado, en conxunto, en 264.000 euros, tal e como recordou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro. “Trátase dun ambicioso plan co que apostamos por mellorar a accesibilidade na zona urbana da cidade no que centraremos as actuacións plantexadas en adaptar cruces de peatóns e beirarrúas e tamén prazas de estacionamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida, xerando novos itinerarios accesibles e, nalgúns casos, ampliando os xa existentes nesas zonas”, explicou Ferreiro.

Con cargo ao proxecto en marcha, xa iniciado na área de Virxe do Mar (na rúa Mestre Mateo e no entorno do colexio), procederase tamén a actuar na estrada de Castela e viais perpendiculares localizados entre a rotonda de Freixeiro e a ponte de Xuvia, que enlaza os concellos de Narón e Neda, e nas rúas Río Miño e A Garda. En total, según indicou Marián Ferreiro, levaranse a cabo nos próximos meses un total de 148 actuacións con cargo a este proxecto municipal realizado para mellorar a accesibilidade na zona urbana de Narón.

En función de cada caso, contémplanse un total de 12 tipos de actuacións, diferenciadas según o paso existente, co fin de que todos sexan accesibles e tamén hai unha solución para cada un dos vados de pasos de peóns con respecto á calzada. Os traballos, tal e como explicou a alcaldesa, execútanse atendendo a unha serie de prioridades establecidas previamente en función de parámetros como a concurrencia de persoas en cada unha desas zonas.

“A supresión das barreiras arquitectónicas é un dos obxectivos sobre os que levamos varios anos traballando dende o goberno local e no que seguiremos traballando, destinando cada ano importantes partidas do orzamento municipal para acometer unha serie de obras que permitan mellorar a autonomía de persoas con mobilidade reducida ou incluso con algún tipo de discapacidade visual”, recalcou a alcaldesa.

Ferreiro incidiu en que “o obxectivo principal é garantir en todo momento a máxima seguridade dos peatóns, co fin de contar con espazos cada vez máis seguros en toda a cidade, unha finalidade que se acadará a medida que este tipo de obras se vaian executando tamén noutras zonas da cidade, tal e como está previsto».

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …