O Concello colabora coa conmemoración do 219.º aniversario da batalla de Brión

Fot. Concello

O domingo 25 de agosto recrearase en Brión a batalla na que, en 1800, as tropas españolas venceron ás inglesas que desembarcaran no litoral ferrolán. A asociación de veciños Castelao organiza esta 30.ª marcha, coa que se conmemoran os 219 anos daquel enfrontamento bélico. Para elo conta coa colaboración do Concello, que a través da Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol presta o seu apoio para que se poida desenrolar o programa.

A xornada festiva comezará no peirao de Curuxeiras, desde onde partirá ás 10.00 horas unha lancha cara San Felipe, onde os participantes comezarán unha ruta de sendeirismo de 12 quilómetros ata os montes de Brión. Os defensores sairán do local social de Brión ás 12.00 horas e cubrirán unha distancia de 3,5 quilómetros para atoparse cos seus adversarios. O enfrontamento rematará cunha xornada de convivencia na que haberá tamén espazo para os máis pequenos, para os que a organización preparou xogos infantís.

Lea también

Un total de 55 mulleres participan no primeiro Curso de Autodefensa ante Situacións Violentas que comeza hoxe

Un total de 55 mulleres comezaron hoxe a primeira edición do Curso de Autodefensa para …