Os automóbiles clásicos que participan no Rallye Teresa Herrera desfilarán o sábado 17 polo centro histórico de Ferrol

Fot. arch.

O sábado 17 de agosto, os automóbiles clásicos do Rallye Teresa Herrera percorrerán as rúas da Magdalena e Ferrol Vello para que poidan velos todas as persoas que se acheguen ao centro histórico da cidade. O desfile comezará ás 13.30 horas no paseo da Mariña e continuará por Irmandiños, Igrexa, Lugo, Sol, Coruña e María, ata chegar a Amboage, onde dará unha volta arredor da praza. Logo, os coches seguirán polas rúas María, Pintor Imeldo Corral e Espartero para retornar ao paseo da Mariña e quedar en exposición na Cortina durante o resto do día.

Antes, ás 11.30 horas, os participantes serán recibidos no peirao de Curuxeiras polas concelleiras de Turismo, María Teresa Deus, e Patrimonio Histórico, Eva Martínez. Durante a xornada que este ano dedican a Ferrol, visitarán os lugares máis emblemáticos do modernismo no barrio da Magdalena, o Arsenal, o Museo da Construción Naval e Castelo de San Felipe, ademais de facer un pequeno cruceiro pola ría.

O Concello e a Sociedade Mixta de Turismo están entre os patrocinadores do evento, unha iniciativa da asociación Coruña Veteran Car que ofrece aos afeccionados a posibilidade de ver de cerca modelos de practicamente todas as décadas do século pasado, polo que o seu paso polas rúas da cidade constituirá un espectáculo único.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …