O Concello de Narón licita en 488.400 euros as obras do campo de fútbol de herba artificial no estadio municipal de Río Seco

O Concello de Narón mantén aberto ata o día 28 deste mes o prazo de presentación de ofertas ás obras do campo de herba artificial de F11 no Estadio municipal de Río Seco, localizado na zona do Feal. Os traballos licitáronse en 488.408,51 euros e as empresas interesadas poden entregar as ofertas no Concello, así como consultar os plegos a través da páxina web do Concello (www.naron.es) e da Sede Electrónica de Narón, tal e como recordou o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz. Os traballos cofinanciaranse dende a administración local en colaboración coa provincial, con cargo ao POS+ 2019.

O novo campo de fútbol ubicarase nun terreo localizado na mesma parcela da área deportiva de Río Seco e permitirá mellorar o estado do campo de herba natural existente. A superficie total de céspede artificial do novo campo será de cen metros de lonxitude por 63 de ancho, cun ancho de bandas de fondos e laterais de 1,5 metros e unha superficie útil de xogo de 97 metros de longo e 60 de ancho, tal e como consta no pertinente proxecto das obras.

O Estadio municipal de Río Seco conta cunha grada cuberta e pista de atletismo de oito rúas, ademais dun campo de fútbol 11 de herba natural que utilizan varios equipos como campo de adestramento e tamén para levar a cabo competicións oficiais. “Debido ao uso continuo por parte de varios equipos e á variabilidade estacional ocasiónanse danos na herba natural, un problema que se solventará coa apertura deste novo campo de fútbol 11 en Río Seco”, destacou Mauriz

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …