Non, non é prioritario

Ferrolterra Antiga

Neste días se fala da posibilidade de recuperar as chamadas «baterías de costa». Ao parecer este sería un propósito do novo goberno municipal, tal e como adiantou recentemente a Concelleira de Patrimonio.

Se ben, polo de agora, as declaracións non pasan dos bos desexos, a espera de posibles fontes de financiación de tales proxectos. Pois, de por si, o Concello sería incapaz de asumir os custos totales de tales traballos. Non obstante, preocupa o feito de que dende a concellería de patrimonio véxase, en palabras da propia concelleira, a recuperación das baterías de «Prior y Doniños, objetivos prioritarios». Ao respecto disto, considerábamos necesario realizar un pequeno comentario.

O Concello de Ferrol conta xa coa titularidade dun importante patrimonio histórico, que, a vista de todos está, lle custa manter. Polo tanto, adquirir novas responsabilidades parece fóra da súas actuais posibilidades, e, dende logo, non parece aconsellable acordar agora novas cesións co Ministerio de Defensa. Semella máis razoable centrar os recursos na recuperación do Castelo de San Felipe, dándolle continuidade aos traballos feitos pola anterior corporación.

Se continuar coa rehabilitación deste ben icónico é unha das posibilidades que se mostra recomendable. Tamén resulta atractiva a intervención sobre a casa de Carvalho Calero, da cal o Concello adquirira a propiedade cando o actual alcalde era concelleiro de urbanismo.

Que mellor momento, por tanto, para que finalmente o Concello asuma as responsabilidades adquiridas, e poña fin a anos de abandono e deixamento, que deron coa vivenda do escritor nunha lamentable ruina. Insitimos, de novo, na oportunidade de establecer as bases para a recuperación do inmoble e de uso, previsiblmente cultural, futuro. E se falamos de espacios culturais e pedagóxicos, que dicir do Aqua Ciencia! Pois que a solución do seu vergoñento estado si que debería ser unha auténtica prioridade no ámbito das intervencións sobre os espacios culturais da cidade.

Polo de agora a recuperación das baterías de costa é simplemente unha intención, descoñecemos o alcance das posibles intervencións e o uso que se lle daría ás instalacións rehabilitadas, se seica tiveran algún. O tempo dirá, pero nós dicimos agora: Non, non é prioritario

Lea también

Noites craras do luar-Antes de pedir reprobaciones…mírense al espejo

José Luis Álvarez Con la benevolencia del director de Galicia Ártabra reanudo mis comentarios de …

5 comentarios

  1. Comparar Aquaciencia (un equipamiento urbano) con una batería del Siglo XVIII que participó en la Batalla de Brión desacredita el resto de este artículo que no deja de ser tendencioso: Carballo Calero nació en una casa (ni siquiera vivió allí mucho) de la que queda la fachada… ¿Qué hizo ese anterior gobierno municipal que menciona? A veces parece que intentan ser objetivos y se delatan solos.

    Sí, claro que son prioritarias, por supuesto que lo son.

  2. Boas tardes, non se compara a Aquaciencia con ningún ben patrimonial, senón que se destaca o seu estado para mostrar a incapacidade manifesta do concello para manter e darlle uso os seus espacios pedagóxicos e culturais. Polo que ante unha proposta que xeraría novos espacios, que de algo haberá que encher, pois parece oportuno sinalar o que se sinalou. Por outra parte, este artigo refírese ante todo as Baterías de Costa do século XX, e o plan ou desexo do Concello para ir recuperándoas, proxecto dunha importante dimensión, sen saberse os medios e o fin do mesmo, o que, como está ben constatado, resulta moitas veces nun abandono a curto prazo (pero que máis da mentres o Concello faga o que queramos, non?) Podería resultar máis lóxico centrarse en conseguir novos fondos para continuar cos traballos feitos polo anterior goberno, en San Felipe (o que creo responde a súa pregunta) Respecto a casa de Carvalho como sinálase no artigo, o concello xa é propietario e responsable da mesma, por tanto, é vergoñento que se permitise e se permita tal ruina, nun barrio tan necesitado dunha rehabilitación. Existen exemplos dambodo de casas natais recuperadas, coas cales os pobos homenaxean e recordan aos seus máis céllebres veciños, e aquelas persoas que fixeron aportes importantes de cara as súas sociedades nalgún ámbito. Así poís, poñer agora en dúbida unha práctica normalizada e xustificada, pois redundan na xeración de lazos comunitarios, mal agocha os prexuizos ideolóxicos contra a figura de Carvalho. Polo que, vires co dedo inquisitorial a sinalar o carácter subxetivo ou tendenciosos dos demáis (algo que vostede está moi acostumado a facer cando non comparte a opinión daquel que escribe) cando un mostra tal menosprezo contra aquilo que considera que non lle representa, pois resulta un pouco hipócrita.

  3. Ofrecer al potencial turista un recorrido por una zona de baterías de costa es algo que le dará un gran valor a nuestra comarca sin duda alguna. La financiación, si es necesario, ha de ser privada, pero en todo caso es obvio que generará mucho más beneficio a nivel de empleo y riqueza económica este tipo de elementos que no una vivienda en donde nació un escritor que no es conocido más allá de los Ancares.

    • Boas noites, respatando a súa opinión, non creo que a xestión da nosa historia, memoria, e por tanto dos bens asociados a elas, deba basearse, simplemente, en criterios utilitaristas ou economicistas. Tampouco comparto a reducción do noso patrimonio a «cousa para os turistas» Ante todo, e moitas veces non sei fai, debería pensarse nas relacións que os veciños pode ter ou establecer con este, e nos beneficios( lecer, dinamizador cultrual, usos sociais….e non necesariamente ou meramente económicos) que o mesmo poder aportar a unha comunidade. Neste sentido a recuperación da vivenda de Carvalho, situada nun barrio arruinado (por certo declarado Ben de Interés Cultural), pero no que nos últimos anos da mostra dunha pequena revitalización, poder ser beneficiosa dende a perspectiva da dinamización cultural ou social deste barrio, e favorecer a súa rehabilitación. Poís non hai porqué adicar a vivenda de Carvalho de maneira exclusiva a un museo sobre o escritor, pondendo integrarse diferentes usos. Dito isto,e agora mirandoo dende a perspectiva que vostede propoñe, podemos considerar que ante os turistas que fan escala no porto de Ferrol pode ser interesante ter un espazo museístico na contorna do porto, na que, alen de recollerse a bigrafia de carvalho, pode expoñerse outros moitos temas(historia deste barrio e do Ferrol medieval, escritores ferroláns…) No que respecta as baterías do século xx non será nesta década nas que as vexamos rehabilitadas na súa totalidade, nen probablmente na seguinte ( simplemente porque falamos dun patrimonio militar extenso e dun Concello cuna capacidade financieira reducida) Efectivamente hai outras posibilidades, financión privada,ou intervenciones menores:sinalización, limpeza, consolidacións, fronte a unha posible rehabilitación integral asumida polo Concello( que é o que cuestiónase neste artigo) Por outro lado o Concello xa conta cun ben patrimonial moi atrativo, isto é, San Felipe, recomendo vistalo en tempada alta, cando o visitan os turístas, merece ver as súas caras e comentarios ante o espectáculo desolador que se atopan. Por iso, o derivar fondos para un proxecto a grande escala de rehabiliatción como o das baterías e ao seu posterior mantemento, cando o Concello ten en tal estado os bens que xa posué ( coa imaxe que isto transmite) e afectando, previsiblemente a financiación para os traballos de recuperación en San Felipe, parecíanos un asunto que merecía unhra reflexión e un comentario crítico.

      • Abel López González

        Ferrol y su comarcan cuentan con las mejores playas de la zona, pero ni un solo alojamiento decente con los debidos equipamientos para ofrecer una estancia de calidad. Si se quiere vivir del turismo o al menos hacer que este contribuya de manera eficaz al bienestar de los Ferrolanos, hay que poner el valor todo ese patrimonio, crear puestos de trabajo y dejarse de tirarse los trastos unos a otros.

        Inversión privada con proyectos sostenibles de futuro y respetuosos con el medio ambiente, que puedan funcionar de manera continuada durante todo el año como sucede en Países como Dinamarca, Noruega o Finlandia.