Laura García e Pablo Pedrosa participaron no Campionato Galego de Triatlón

Pablo Pedrosa nunha proba | Triatlón Ferrol

A deportista do Triatlón Ferrol Laura García rematou en Pontevedra como 32ª do campionato galego, mentres que Pablo Pedrosa atopouse sen forzas e acabou retirándose no ciclismo.

Nas probas populares, a infantil Lucía Piñón foi subcampioa da cita miniesprinte, co seu compañeiro da Escola Javi Gómez Noya Diego Carballeiracomo 17º. Na cita popular de distancia esprinte, Manu Pita rematou 45º da xeral e top-20 veterano, con Ricardo Fernández -57-, Pablo Sanjurjo -111-.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …