Pedro Sande presenta este xoves en Valdoviño a súa novela «El susurro de los ameneiros»

Con apenas uns meses de vida, Valdoviño convertiuse no segundo fogar de Pedro Sande García e el quixo agora corresponderlle convertindo os seus paisaxes e patrimonio natural en protagonistas principais da súa primeira novela. Leva por título El susurro de los ameneiros e este xoves 29 de agosto, a partir das 20,30 horas, presentarase na Casa da Cultura de Valdoviño, como non podía ser doutro xeito.

Acompañarán ao escritor o alcalde, Alberto González, e o filósofo, profesor universitario e Premio de Ensaio Miguel de Unamuno, Alberto Sucasas, que exercerá de presentador. A entrada é libre e, trala presentación, Sande García asinará exemplares da súa obra ao público interesado.

«El susurro de los ameneiros» está a disposición deles en Amazon e vén precedido dunha primeira obra do escritor titulada «150 palabras», unha publicación que recolle unha serie de relatos curtos e contos.

Pedro Sande

Pedro Sande García nace en Ferrol, onde pasará unha parte importante da súa vida. Aos poucos meses os seus pais lévanlle por primeira vez a Valdoviño, onde descobre o que será o seu lugar máxico, o que lle acompañará o resto da súa vida: a praia da Frouxeira. A medidados dos anos 80 trasládase a vivir a Madrid, onde actualmente reside coa súa muller e filla. A súa actividade profesional desenvólvese, ao longo de máis de trinta anos, en multinacionais de consultoría tecnolóxica e a asesoría financeira. No ano 2013 inicia a súa andaina como escritor cos seus primeiros relatos. En decembro de 2015 publica «150 palabras», o seu primeiro libro de contos. Participou en edicións conxuntas de libros de relatos e foi destacado e seleccionado en diversos certames literarios. Nos últimos anos colaborou con diversos medios de prensa dixital, actualmente faio co diario Galicia Ártabra.

Pedro Sande García comezou a escribir a súa novela hai tres anos coa Frouxeira como inspiración. Un entorno singular que coñece dende ben neno e ao que regresa dende Madrid, a súa cidade de residencia, sempre que pode, sen fallo. A súa especial vinculación e relación co concello síntese en cada páxina da súa novela. Unha historia cargada de misterio e intriga.

Sinopse

Despois dun tráxico suceso, Mateo Velasco decide iniciar unha nova etapa na súa vida e regresa de Madrid a Valdoviño. Alí, onde están as súas orixes, entre recordos do seu pasado e os paseos pola súa querida praia da Frouxeira, inicia unha nova vida marcada pola maxia que desprende a natureza que o rodea. Dous acontecementos axitan de novo a súa vida: a aparición dun cadáver nuns cañaverais e o estrano encontro na súa casa dunha pequena e misteriosa pedra de cristal. A súa obsesión por resolver o ocorrido e a súa amizade con John el irlándes, un personaxe cun escuro pasado, convirten a súa vida na preocupación de todos os que o rodean. Tenta alonxarse de todo o ocorrido iniciando unha viaxe que o levará a Madrid, París e Nova Iork, pero graves acontecementos faranno regresar precipitadamente a Valdoviño.

A banda sonora, marcada pola afición de Mateo pola música, e un xeito moi persoal de entender a gastronomía, envolven unha narración onde a tesión irá en aumento ata o desenlace final.

Unha lectura máis que recomendada con Valdoviño como protagonista.

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …