Miriam Casillas busca na Gran Final das Series Mundiais manterse no top-30 do ranking olímpico

Miriam Casillas na presentación do relevo mixto de Toquio | ITU Media

Miriam Casillas disputa este sábado a Gran Final das Series Mundiais en Lausanne fronte as mellores triatletas do mundo e a tamén española Anna Godoy.

Para a internacional do Triatlón Ferrol, Godoy é a única con opcións de quitarlle a praza olímpica esta temporada. O obxectivo de Casillas é seguir dentro do top-30 do ranking olímpica a peche de 2019, criterio que, no caso de ser a española mellor colocada, lle daría o billete directo para os Xogos Olímpicos, permitíndolle planificar 2020 sen a presión da clasificación, como lle aconteceu en Río 2016.

Neste momento, a triatleta de Badaxoz ocupa o 26º no ranking de clasificación olímpica, mentres que Anna Godoy é 43ª.

Lea también

Atletas galegos participan no campionato de España Máster de 5K

Chegados prácticamente ao último treito do mes de abril, siguen desenvolvéndose as distintas probas de …