Remata a reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Os Pinares, en Perlío

Os vestiarios de Os Pinares tras a reforma | Concello de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, informou hoxe do remate das obras de mantemento e reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Os Pinares, en Perlío. Uns traballos que supuxeron un investimento de 47.672,62 euros e que permitirán resolver as deficiencias das instalación, que supoñían un problema para os usuarios.

Unha das novidades dos traballos é que se dota a instalación dun vestiario feminino, unha vez que existen equipos de fútbol mixto en categorías de base que empregan estas dependencias sen que ata a data se ofrecera un espazo específico para rapazas.

Os traballos efectuados eliminaron o xeso como material nos vestiarios, por non ser axeitado para este tipo de instalacións nas que a presenza de vapor de auga é elevada. Ademais, tabicáronse novos aseos, accesibles para persoas con discapacidade; e tamén se mellorou a conexión eléctrica.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …