O curso de tiro con arco en Valdoviño contou con 22 participantes de todas as idades

Instante do curso de tiro con arco | Concello de Valdoviño

Un total de 22 persoas participaron este verán no curso de tiro con arco, impartido polo Club Arco A Frouxeira e promovido polo servizo de deportes do Concello de Valdoviño.

As clases tiveron lugar entre o 19 e o 23 de agosto no campo municipal de fútbol de Atios e participaron persoas de todas as idades a partir dos 8 anos, mínimo esixido para poder inscribirse nesta actividade estival.

Este curso, impartido por monitores con título nacional, contou coa visita de Iria Grandal García, que foi arqueira olímpica en Londres 2012. A deportista visitou o curso en ata dúas xornadas, aportando a súa experiencia aos participantes do mesmo.

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, afirmou que é obxectivo do Concello de Valdoviño promover diferentes disciplinas deportivas coma o tiro con arco, un deporte de precisión no que se potencia o control de corpo e mente. Por iso, está previsto dar continuidade a accións deste tipo, en colaboración co Club Arco A Frouxeira, ao que o edil recoñeceu o seu traballo para potenciar este deporte no municipio de Valdoviño.

Lea también

Chemi, MVP de O Parrulo Ferrol ante Jaén Paraíso Interior para el Premio Hyundai

El pasado sábado O Parrulo Ferrol recibía al Jaén Paraíso Interior, en un partido donde …