Germán Costoya clausura a decimo cuarta edición do campus de baloncesto Chiquibasket

Foto de familia do Chiquibasket 2019 | Concello de Ferrol

O concelleiro de Seguridade do Concello de Ferrol, Germán Costoya, clausurou hoxe a décimo cuarta edición do campus de baloncesto Chiquibasket, celebrado dende o pasado 26 de agosto no polideportivo de Esteiro. Con Chiqui Barros como director técnico, o campus contou con 30 nenos e nenas de entre 5 e 18 anos. O acto de clausura tamén acudiron Alberto Rodríguez, adestrador e exxogador de baloncesto; Samuel Barros, xogador profesional; Sarai Carro, xogadora e adestradora, e Sandra Prieto, adestradora.

Germán Costoya felicitou a todos os participantes no campus e asegurou que o Concello “vai a abrir as portas ao deporte”. Engadiu o concelleiro que “o deporte de base pode ter seguro que dende o Concello imos facer unha aposta forte por el”.

Lea también

A Deputación destina 553.000€ para financiar ata 80 entidades deportivas da provincia

A Deputación da Coruña vén de conceder un total de 80 axudas a diferentes entidades …