A Casa da Cultura acolle este venres a reestrea do documental “Laguna y entorno de Valdoviño” de José Roberto Fernández

Coincidindo coa súa nominación á mellor curtametraxe do Festival Internacional de Cine de Daroca, en Zaragoza, a Casa da Cultura acollerá este venres, día 6, a reestrea do documental «Laguna
y entorno de Valdoviño», obra de José Roberto Fernández López. A proxección terá lugar a partir das 20,30 horas con entrada de balde e o público poderá coñecer de primeira man un traballo único sobre unha contorna igualmente singular.

A curta dirixida e producida por Fernández López foi seleccionada entre 730 traballos procedentes de 45 países e é o público o que decidirá o gañador do certame. Será a través da votación aberta na páxina www.festivalcinedaroca.com. Así, as persoas interesadas poden votar ata o 30 de setembro.

O documental presenta a lagoa da Frouxeira e a súa contorna para, de seguido, dar paso aos acontecementos que suceden neste espazo protexido ao longo dun ano. O número e comportamento das especies varía en cada estación e destacan algunhas condutas pouco coñecidas e as dificultades do chorlitejo patinegro, unha especie a día de hoxe con poucas parellas reprodutoras en toda Galicia.
Son diversos os perigos aos que se enfronta, pero no documental amósase que é posible a súa protección e o goce da natureza.

As persoas interesadas en descubrilo tan só teñen que achegarse este venres á Casa da Cultura.

Lea también

Se activa en Valdoviño una campaña de control de velocidad

El Ayuntamiento de Valdoviño ha informado este martes 23 sobre la  puesta en marcha de una …