Miriam Casillas non descansa para asegurar a clasificación olímpica e compite en Banyoles

Miriam Casillas en Abu Dhabi | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas volverá competir este sábado na Copa do Mundo de Banyoles porque, aínda que ser a mellor española do ranking olímpico neste 2019 é probable, a internacional do Triatlón Ferrol ten que garantir ademais estar no top-30 mundial.

Agora mesmo ocupa o 28º lugar, baixando dúas posicións na última semana a pesar do seu gran 23º posto da Gran Final das Series Mundiais, dado que dúas rivais ascenderon no ranking de clasificación olímpica. Unha delas, a dobre campioa do mundo Flora Duffy, regresou tras lesión e augúrase que non vaia ceder posicións nos próximos meses.

Desta forma, a cita catalá e o que queda de temporada será frenético para non caer por debaixo das 30 mellores do mundo, o criterio marcado pola selección española.

A Copa do Mundo de Banyoles celebrarase este sábado desde as 17.00 horas en distancia esprinte de 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Lea también

A marcha galega no cumio mundial

A marcha galega escribía esta fin de semana durante a disputa do Campionato do Mundo por …