O alcalde presenta a campaña “Independencia + Tranquilidade” do Concello de Ferrol e Cruz Vermella

Andrés Ríos, Ángel Mato, Carmen Reigía e Eva Martínez na presentación | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presentou hoxe a nova campaña de Acompañamento e Teleasistencia do Concello de Ferrol Independencia + Tranquilidade en colaboración con Cruz Vermella. O rexedor estivo acompañado pola concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, o vicepresidente da Asemblea Provincial de Cruz Vermella, Andrés Ríos, e a coordinadora provincial da entidade, Carmen Reigía.

A iniciativa, tal e como explicou Martínez, inclúe por unha banda o servicio de teleasistencia en colaboración con Cruz Vermella e, por outro, a prestación de acompañamento a persoas maiores a través do servicio municipal de voluntariado. Para dar a coñecer a nova campaña municipal, o Concello vai repartir carteis e tarxetas informativas a entidades sociais, asociacións veciñais e ás unidades básicas do Edificio Social, a Casa Solidaria e o centro cívico de Caranza.

En canto ao primeiro, a concelleira anunciou que o Concello de Ferrol atende a un total de 140 persoas maiores a través do seu servizo de teleasistencia que se desenrola por medio dun convenio coa Cruz Vermella e explicou que aínda hai dispoñibles outras 60 prazas, ata alcanzar os 200 terminais que actualmente se ofertan. Co obxectivo de chegar a máis maiores e aproveitar tódolos recursos dos que dispón o Concello, a área de Benestar Social pon en marcha esta campaña porque, como explicou Eva Martínez, “a ninguén se le escapa que vivimos nunha sociedade envellecida” e “garantir a dignidade dos veciños con maior vulnerabilidade é unha das nosas prioridades”.

Carmen Reigía, coordinadora Provincial de Cruz Vermella, deu a coñecer os detalles do servicio de teleasistencia e anunciou que o obxectivo da campaña Independencia + Tranquilidade é “fomentar que os maiores saian o máis tarde posible dos seus domicilios”. A través dun pulsador localizado nunha pulseira ou colgante os usuarios poden poñerse en contacto coa central de Cruz Vermella as 24 horas do día os 365 días ao ano tanto para una emerxencia sanitaria como social. “Nós poñeremos todos os nosos recursos dispoñibles e avisaremos a la familia”. Dende a entidade “tamén chamamos a os usuarios para interesarnos por elos”.

Reigía apuntou que “o 94% dos usuarios do servizo de teleasistencia viven sós”, por lo que “agradecemos moito que dende o Concello deuse prioridade precisamente as persoas maiores que viven soas e que siga confiando en Cruz Vermella”. De igual modo, Andrés Ríos agredeceu tamén ao Concello súa “sensibilidade”.

As persoas interesadas neste servizo poden solicitar información no Edificio Social, a Casa Solidaria e no centro cívico de Caranza.

Ciclo de conferencias

A nova campaña Independencia + Tranquilidade inclúe un ciclo de charlas informativas en asociacións da cidade para “dar a coñecer os aspectos da nosa campaña a todos os veciños de Ferrol”, explicou a concelleira, e será o barrio de Caranza o que acolla nos próximos días o primeiro destes encontros. Acudirán tanto a concelleira como representes da Cruz Vermella.

Máis de 20 persoas voluntarias

A segunda parte da campaña Independencia + Tranquilidade desenvólvese a través da oficina de voluntariado do Concello de Ferrol, que na actualidade realiza entrevistas a potenciais voluntarios para participar no servicio de acompañamento, que xa está en funcionamento. Na actualidade xa hai máis de 20 persoas dispostas a dedicar parte do seu tempo a acompañar a persoas maiores da cidade. Con esta iniciativa, o Concello pretende “optimizar todos os recurso dispoñibles para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores”, explicou Eva Martínez. As persoas interesadas en participar no programa do voluntariado poden pedir información na Casa Solidaria.

Ángel Mato, que agradeceu o traballo da Cruz Vermella, pechou o acto de presentación de Independencia + Tranquilidade e sinalou que “unha das prioridades que ten este goberno é presentar un servizo público axeitado a todas as persoas que se ven en una situación delicada o difícil”. Engadiu que “estamos promovendo espacios públicos de convivencia e unha oferta ampla de actividades para que os nosos maiores non estean sos” porque, dixo, “o gran reto das administracións públicas é darnos conta de que especialmente en esta cidade con un perfil poboacional difícil temos que dar una vida mellor a nosos maiores, que tanta experiencia teñen e tanto nos han dado”.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …

Un comentario

  1. Que lo hagan otros, ya vemos por donde van ir los tiros de este gobierno municipal que no son otros que delegar en entidades privadas lo que les correspondería afrontar con servicios municipales propios y esto no quiere decir que no haya colaboración con otras entidades, pero los ciudadanos con nuestros impuestos sostenemos al estado incluyendo a los representantes públicos y por lo tanto son estos quienes tienen la obligación de crear servicios públicos, lo fácil es hacer lo que están haciendo delegar en otros los que les correspondería hacer a ellos, no solo se trata de dar conversación y asistencia si la requieren sino que además preocuparse del estado del bien estar de las personas facilitando otros servicios como la comida a domicilio a los que no puedan acudir a los comedores sociales, que dicho sea de paso están en manos privadas tanto la elaboración de los menús como su servicio en los centros, hay que crear una entidad publica que controle y elabore estos menús con lo cual nos estaríamos garantizando la calidad y la creación de puestos de trabajo en esta comarca, pero además las personas también necesitan atención a domicilio para los problemas domésticos como lavandería y limpieza, nadie esta diciendo que sean gratuitos sino que cada cual pague en función de su renta estando exentos todas las que no pasen del mínimo de supervivencia de esta forma si estaríamos diciendo que teníamos servicios sociales públicos y sin intermediarios, y mientras esto no sea así lo único que hacen concejalas y alcalde es lavar su imagen para salir en la foto eludiendo responsabilidades y fomentando la caridad