O Concello de Narón licitou o contrato dos vindeiros dous anos para a iluminación navideña

O Concello de Narón licitou o contrato de subministro, montaxe, mantemento e retirada da iluminación exterior ornamental das rúas e prazas do Concello de Narón durante as festas de Nadal dos dous vindeiros anos anos, con posibilidade de prórroga. O importe da licitación correspondente a 2019-2020 e 2020-2021 é de 164.814 euros (IVE incluído), se ben coa posible prórroga para 2021-2022 (contemplada no plego) a cantidade ascendería a 204.315 euros (sendo preciso engadir o IVE da citada prórroga). O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas para este contrato dispoñen de prazo ata o vindeiro 24 de setembro para presentalas no Concello, a través da Plataforma de contratos do sector público, estando tamén os plegos dispoñibles no Perfil do Contratante do Concello –www.naron.es-.

Incremento de ornamentación nas parroquias da zona rural e na zona urbana

Entre as novidades que se recollen nos plegos do servizo, tal e como indicou o edil, están “un incremento de ornamentación nas parroquias da zona rural, con decoración na rotonda de Río Seco, na estrada do Trece dende o inicio, en Xuvia, ata O Carballo, en Sedes, e na esrtada do Feal”.

No que respecta á zona urbana, tamén se contemplan melloras, “incluíndose rúas que carecían total ou parcialmente de ornamentación, como a Rafael Bárez, a estrada da Gándara e a avenida Souto Vizoso”. Así mesmo, avanzou, “no contrato a asinar contémplase que sexa a empresa adxudicataria a que abone os gastos derivados do consumo da enerxía eléctrica dos elementos instalados con motivo da ornamentación de rúas e prazas da cidade nas festas do Nadal”. Tamén se valorará, apuntou, o feito de que “a contratación do subministro de enerxía eléctrica se realice cunha comercializadora que garanta que o cen por cento do subministro de enerxía eléctrica é de orixe renovable”.

En total instalaranse preto de 300 elementos navideños en viais, prazas e tamén no exterior do edificio do Concello. Entre os mesmos inclúense, según se recolle no plego, os tradicionais rótulos de “Boas festas” na estrada de Castela, arcos –algúns deles dobles-, motivos en farolas, motivos en 3D de varias alturas; a decoración dun abeto natural de 10 metros de altura; a iluminación de varias árbores naturais e tamén doutras simuladas; a decoración dun abeto natural de 25 metros de altura e tamén a instalación dun elemento iluminado e visitable no interior simulando algunha figura ou motivo navideño.

A iluminación deberá estar acendida todos os días entre o 5 de decembro e o 7 de xaneiro a partir das 18.00 horas e apagándoo ás 01.00 horas cada día a excepción das xornadas do 24, 25 e 31 de decembro e do 1, 5 e 6 de xaneiro, que deberá continuar acendido ata o amencer. Para o correcto funcionamento do servizo a empresa adxudicataria deberá garantir un servizo de garda de 24 horas durante o período no que estea acendido o alumeado de Nadal.

Todos os elementos que se instalen na cidade terán unha coherencia en canto aos motivos ornamentais, sempre relacionados co Nadal, e tamén en canto ás cores”, avanzou Santalla, que valorou as melloras aplicadas ao contrato para os vindeiros dous anos co obxectivo de que “a cidade estea o máis ambientada posible para as veciñas e veciños e tamén para a xente que nos visite dende outros concellos de cara á celebración das festas do Nadal”.

Lea también

Concentraciones de repulsa ante el triple crimen machista de valga

La alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidió al mediodía de este martes la concentración que …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *