Remata o recheo do oco do antigo aparcadoiro da Praza de Armas

Avance das obras na Praza de Armas | Concello de Ferrol

Os traballos da remodelación da Praza de Armas estanse desenvolvendo a bo ritmo e actualmente se está a rematar o recheo do oco que ocupaba o antigo aparcadoiro con material reciclado compactado, finalizando esta actuación esta mesma semana.

O próximo luns, 16 de setembro, comezan os traballos para executar as instalacións urbanas, como electricidade, rego, saneamento e iluminación. Dita actuación alargarase dúas semanas. Tamén a próxima semana está previsto que se comece a formigonar subbases para recibir posteriormente os pavimentos pétreos, que se comezarán a colocar aproximadamente na semana do 7 de outubro.

Plantación de arboredo

Será a principios de decembro cando se procederá á plantación do arboredo. O proxecto da remodelación da Praza de Armas contempla para o novo espacio 21 tilos americanos de 10 metros de alto e copa amplia de 6 metros de diámetro. Na segunda semana de decembro, procederase á execución do pavimento terrizo estabilizado.

Co bo ritmo das obras, e se non hai imprevistos, a nova praza quedará aberta para o uso público nas próximas festas de Nadal.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …