O prazo para solicitar a participación no Consello Sectorial de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol remata mañá

O prazo para que as entidades que desexen formar parte do Consello Sectorial de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, remata mañá, 13 de setembro.

Dende a área responsable, que dirixe a concelleira Cristina Prados, indicouse que o Consello Sectorial de Igualdade e Muller é garante da plena participación das mulleres na vida cidadá, política, económica social e cultural. Son espazos para “o exercicio da democracia participativa e activa”, e supón unha “canle de interlocución entre as mulleres e a Administración local, polo que o seu valor e importancia son inestimables no desenvolvemento da política local”. Deste modo, o Concello facilita a participación de entidades e asociacións da localidade.

A concelleira de Muller, Cristina Prados, explicou que “queremos estar en estreito contacto coas asociacións de mulleres escoitando todas as demandas, suxestións e peticións que lles poidan xurdir”. Neste senso, detallou que desde o goberno municipal “hai unha clara aposta pola igualdade e cremos que ten que ser unha prioridade a transversalidade en todas as políticas do Concello”.

As entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de Ferrol.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …