O prazo para presentar alegacións á listaxe provisional das axudas á escolarización remata mañá venres

O prazo para presentar alegacións á listaxe provisionaldas axudas á escolarización que convoca a concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Eva Martínez Montero, remata maña venres, 13 de setembro. No caso das bolsas para os comedores escolares, o prazo ampliose ata o próximo luns, 16 de setembro. O listado pódese consultar tanto no Rexistro Central municipal como na dirección de Internet https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios.

Ambas axudas están dirixidas a menores escolarizados en calquera dos centros educativos públicos ou concertados de Ferrol, nos que se impartan estudos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional, tanto básica como de grao medio. As destinadas á escolarización consisten en vales de 95 euros por cada menor para a adquisición de material escolar e roupa deportiva. As de comedor subvencionan a totalidade do importe das comidas. O presuposto total supera os 251.000 euros, 268.000 para bolsas de comedor e 83.000 para as axudas á escolarización.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …