A Mancomunidade presentou o seu servizo de atención temperá para nenos

Instante da reunión do servizo de atención | Concello de Ferrol

Na mañá de hoxe tivo lugar a presentación do servizo de atención temperá desenvolvido pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol a través dun convenio coa entidade Aspaneps, e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións para este fin. A reunión foi acollida pola concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol no Edificio Social de Ferrol, e contou coa asistencia das concellerías e persoal técnico de servizos sociais dos municipios integrantes da Mancomunidade, e coa intervención de Jaime Ponte, presidente da Asociación Galega de Atención Temperá, quen incidiu en que se trata dun servizo cunha demanda moi alta e que por tanto é necesario prestar dende as administracións públicas.

Tal e como explicou o equipo de sicólogos e logopedas de Aspaneps, o servizo de atención temperá consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos dos nove concellos da Mancomunidade (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño), á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. As familias interesadas en acceder a este servizo poden dirixirse a ASPANEPS a través do número de teléfono 981 300 370 ou ben dos servizos sociais do seu concello.

Lea también

O BNG de Ferrol afirma que «a lingua galega está viva e que a sociedade está disposta a defendela»

O BNG de Ferrol a través dun comunicado anuncia que diferentes colectivos da cidade de …