María Teresa Deus valora os resultados dos programas de emprego Ferrol Inserta

María Teresa Deus na súa visita a Familia no programa Inserta | Concello de Ferrol

A concelleira de Emprego, María Teresa Deus, rematou esta mañá as visitas que ao longo destes días estivo a facer ás empresas que colaboran no Programa Integrado para o Emprego Ferrol Inserta 8. A través delas comprobou cómo se están a desenvolver as prácticas os participantes nesta iniciativa para o fomento da inserción laboral e asegurou estar “moi orgullosa” dos resultados que se están a obter.

Aparte de ver que estas persoas están contentas, están aprendendo e teñen posibilidades reais de inserción, estou comprobando que xente que pasou por este programa está traballando en empresas”, explicou durante o seu paso esta mañá polo supermercado Familia, de Vegalsa-Eroski, situado na rúa Pontevedra, onde están a facer as súas prácticas dúas persoas.

A edil tamén mostrou a súa satisfacción por que algúns dos que pasaron polo programa teñen unha antigüidade “xa de catro anos” en diferentes empresas, “e outras están pasando o ano”, engadiu. “Estamos vendo que este programa non só consigue a inserción laboral, senón que tamén consigue unha inserción laboral de calidade, porque os empregos estanse estabilizando”, asegurou María Teresa Deus.

O Programa Integrado para o Emprego Ferrol Inserta 8 desenvolveu o seu período de formación durante os meses de xullo e agosto. Agora, entre setembro e outubro, teñen luar as prácticas profesionais non laborais.

Esta iniciativa, que se desenvolve no Centro de Emprego do Concello de Ferrol,conta con 100 participantes que forman parte de colectivos prioritarios, como son as persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, persoas menores de 30 anos con baixa cualificación, menores de 30 anos cualificados, maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción, persoas desempregadas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional, mulleres e inmigrantes.

Nos meses de xullo e agosto impartiuse a formación específica con itinerarios deseñados en función dos colectivos usuarios e das demandas das empresas. Neste senso desenvolvéronse 100 horas de actividades auxiliares de comercio, 100 horas de formación en venda, almacén e loxística, dous cursos de formación en carretilla e plataformas baixo norma UNE, 100 horas de elaboración e preparación de produtos cárnicos e outras 100 en técnicas de limpeza. Ademais, realizáronse tanto actividades individuais como grupais dirixidas a mellorar a empregabilidade do grupo.

As prácticas profesionais non laborais serán de entre 150 e 200 horas en sectores de referencia como alimentación, textil-calzado, informática, administración, electrónica de consumo, tendas animais, xoguetes, deportes, deseño gráfico-artes gráficas, cooperativas, sector sociosanitario, grandes superficies, almacéns de construción e bricolaxe. Un total de trinta e cinco empresas están a participar nesta acción para a inserción laboral.

A concelleira remarca que “o obxectivo principal deste programa é que os participantes atopen emprego” e que a cuestión laboral é “unha das principais preocupacións” do goberno municipal de cara aos próximos catro anos.

O Concello xa prepara o Ferrol Inserta 9

A finais do mes de xullo o Concello de Ferrol presentou á Consellería de Economía, Emprego e Industria a súa candidatura para desenrolar o Programa Integrado de Emprego Ferrol Inserta 9, dando así continuidade ao Ferrol Inserta 8. Respecto a este último habería una novidade: vanse impartir dous certificados de profesionalidade, un de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e outro de operación auxiliares de servizos administrativos e xerais. Nesta ocasión xa son máis de 40 as empresas que presentaron as cartas de compromiso.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …