Presentado 6º «Slalom Concello de Moeche»

No Concello de Moeche, tivo lugar a presentación oficial do 6º Slalom Concello de Moeche, coa presenza da alcaldesa, Beatriz Bascoy. Durante o acto explicáronse as principais características da proba, puntuable para o campeonato galego de slalom, que se celebrará o vindeiro sábado 28 de setembro nas rúas de San Ramón de Moeche.

No referente ás principais novidades desta edición, destacaron dun xeito especial o Memorial deste ano a Juan Carlos Sueiras, colaborador incansable da Escudería que nos deixou recentemente. Por outra banda, despois de cinco edicións sin variar o trazado, nesta sexta, o percorrido sufrirá cambios na parte baixa do circuito, para intentar conseguir maior vistosidade para público e participantes, sen descuidar en ningún momento a seguridade.

Comentar tamén o carácter “interrexional” da proba, pois a falta de uns días para pechar o período de inscripción xa hai algún equipo que virá dende fora de Galicia. A organización espera acadar uns niveis de participación similares ás edicións anteriores deste Slalom Concello de Moeche, onde participaron unha media duns 40 vehículos.

Para máis información, recoméndase visitar a web da Escudería Moeche www.escuderiamoeche.com, e a páxina de Facebook de Escudería Moeche, donde está dispoñible toda a información da proba modestina.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …