O Concello aproba unha declaración institucional en apoio á campaña “20S Emerxencia Feminista”

O Concello de Ferrol súmase ao apoio á campaña “20S Emerxencia Feminista” que alerta do incremento da violencia de xénero durante o verán, máis aínda despois do episodio do pasado luns en Valga (Pontevedra) co triplo asasinato machista de tres mulleres da mesma familia. Durante a xunta de voceiros de hoxe todos os grupos políticos da corporación (PSOE, PP, FeC e BNG) aprobaron unha declaración institucional e o seu apoio ás mobilizacións convocadas polo movemento feminista no noso país. Tamén acordaron implementar novas medidas nos vindeiros anos así como poñer en andamento programas que impulsen a igualdade de xénero en Ferrol e que loiten contra a violencia machista.

Os voceiros acordaron solicitar do goberno autonómico un incremento dos recursos económicos destinados a loita contra a violencia machista no vindeiro exercicio orzamentario así como a aprobación de partidas económicas para dotar de máis persoal especializado en violencia de xénero os medios que existen. A xunta de voceiros acordou tamén demandar do goberno central un incremento das contías económicas destinadas á administración local no Pacto de Estado para os vindeiros exercicios orzamentarios. Por último, a corporación adquiriu o compromiso de iluminar esta noite de cor violeta a fachada do Concello de Ferrol como mostra de compromiso na loita contra a violencia machista.

O texto da declaración institucional, que se lerá no próximo pleno, recolle que “o verán de 2019 vai ser recordado como un verán negro” e lembra que “no pasado mes de xullo asasinaron unha muller cada dous días”. Ademais, o texto defende “facer unha aposta por achegar máis medidas que axuden a unha transformación social urxente” e que “debiliten a cultura patriarcal que violenta e asasina a moitas mulleres”.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …

Un comentario

  1. necesitan todavía mas dinero y mas plantilla? chiringuito habemus