O Concello abre o luns o prazo de inscrición nas actividades para adultos nos pavillóns de Esteiro, Malata e Caranza

O próximo luns, a concellería de Deportes, que dirixe o edil Antonio Golpe, abre o prazo de inscrición nas actividades para adultos que oferta o Concello de Ferrol nos pavillóns de Esteiro, Malata e Caranza. As solicitudes atenderanse por rigoroso orden de recepción e ata rematar tódalas prazas.

Ximnasia de mantemento haberá nos tres polideportivos os días luns, mércores e venres, en Esteiro pola mañá e nos centros deportivos de Caranza e A Malata pola tarde. A maiores, mércores e venres se impartirá esta clase dirixida a persoas maiores en A Malata en horario de mañá. As inscricións para estas actividade de ximnasia poderán realizarse nas recepcións de Caranza en horario de 9 a 13.30 horas e no pavillón de A Malata en horario de 8.30 a 13.30 horas e polas tardes de 16.30 a 20.30 horas.

En canto á natación, o Concello ofertar no polideportivo de Caranza clases de aprendizaxe para adultos todos os días da semana por la mañá, do mesmo xeito que as clases de perfeccionamento. Os interesados en nado libre, sen monitor, tamén poderán elixir en horario de mañá de luns a venres. As inscricións para as actividades de natación poderán realizarse na recepción de Caranza en horario de 9 a 13.30 horas.

Tanto para ximnasia como para natación, os pagos faranse por domiciliación bancaria e deberá constar na propia folla de inscrición o número de conta bancaria así como presentar fotocopia da mesma.

Lea también

Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, …