Jonathan Fernández e Begoña Pacio, vencedores absolutos da IV Volta ás Forcadas

Instante da Volta ás Forcadas | Concello de Valdoviño

Jonathan Fernández Ríos, do clube Pasa ou Entorna, e Begoña Pacio López, corredora independente, proclamáronse vencedores absolutos da cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas disputada no día de onte neste singular enclave. Unha cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio que organiza a Concellería de Deportes de Valdoviño. O seu titular, Sergio Saavedra, entregaba xunto ao alcalde, Alberto González, os premios aos deportistas máis rápidos e medallas a todos os participantes das categorías inferiores. Xunto a Fernández Ríos e Pacio López, subíronse ao pódium Carlos Bouza Canosa (Atletismo Riazor Coruña) como segundo clasificado e Pablo Díaz Mera (Peña Ciclista Santa Marta), en terceira posición. Na categoría feminina, acompañaron á gañadora Isabel Felgar López (Castro de Lobadiz) e Rebeca Soto Viñas, que ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente.

En categoría alevín, os gañadores foron Gael Varela (Club Atletismo Narón) e Alba Pena (Atletismo Narón); en benxamín, Javi Campos (AD Náutico Narón) e Noa Seoane; en infantil, Damián Suárez e Andrea Díaz, os dous do Club Natación Cedeira, e en cadete, os trunfos foron para Pablo Suárez e Lucía Sánchez (Club Natación Cedeira).

En todo caso, a carreira foi toda unha xornada festiva, cun numeroso público infantil. Maiores e pequenos puideron gozar dunha contorna única ao redor do encoro das Forcadas. Unha carreira coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio.

Lea también

El Comarcal A Fervenza quiere seguir en buena dinámica ante el Ourense Envialia “B”

Partido interesante el que afronta el Comarcal A Fervenza, recibiendo al Ourense Envialia “B”, en …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *