A Biblioteca municipal ofrecerá dous talleres sobre disciplina positiva

A Biblioteca municipal de Ferrol, na praza de España, ofrecerá entre outubro e novembro dous talleres sobre disciplina positiva. O primeiro, dirixido á primeira infancia, desenvolveras os martes entre o 22 de outubro e o 26 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas. Os talleres serán impartidos por Laura Balado, experta en coaching e desarrollo e educación emocional.

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro martes 1 de outubro e realizaranse a partir das 9 horas a través exclusivamente da páxina web mediante a solicitude que se habilitará para o mesmo. Orientado a nais, pais, mestres e persoas ao coidado de nenos de entre 3 e 10 anos, o taller ten entre os seus obxectivos mostrar ferramentas aplicables á realidade diaria para entender o comportamento dos fillos.

O segundo taller, neste caso dirixido a nais, pais, mestres e persoas ao coidado de nenos de entre 10 e 17 anos, abre o prazo de inscrición o 3 de outubro no mesmo horario que o anterior. As reunións serán os xoves entre o 17 de outubro e o 21 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas e persigue, entre outras obxectivos, entender e conectar cos fillos preadolescentes e adolescentes, obter recursos eficaces e duradeiros e aprender a vivir nun ambiente onde exista responsabilidade, respecto e cooperación deixando espazo á intimidade e liberdade.

Relato curto

A Biblioteca abre o próximo venres, 27 de setembro, ás 17 horas, o prazo de inscrición no mostrador da planta baixa para o Taller de Relato Curto, que se impartirá os terceiros venres de mes desde outubro ata maio de 2020 de 19 a 20 horas. A coordinadora será Teresa Cameselle.

Lea también

El pianista James Rhodes fija su concierto en Ferrol para el 19 de septiembre

Después de que la declaración del estado de alarma por el covid-19 en el mes …