Unha ducia de deportistas do Triatlón Ferrol, no campionato de España de tríatlon olímpico

Alberto Caneiro nunha proba | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol estará representado por 12 deportistas no campionato de España de tríatlon olímpico por grupos de idade que este domingo se celebra na Coruña.

Entre os máis novos, Marcos Ruiz e Pablo Pedrosa participarán na categoría de 20 a 24 anos, acompañados de Luis Rilo -35-39-, Juan Díaz, Luis Gómez, Marcos e Alberto Caneiro -40-44-, Juanchi González, José María Eiroa e Pablo Sanjurjo -45-49- e Manu Pita e Álvaro García – no grupo de 50 a 54 anos-.

Desde as 9.00 horas, o porto da Coruña e a praza de María Pita acollerá o campionato no formato de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé.

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …