O Pazo da Cultura, de Narón, acollerá este sábado a representación da obra teatral “Viejo amigo Cicerón”

Teatro Romea e o Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida representarán en Narón unha das súas coproducións, a obra “Viejo amigo Cicerón”, unha peza clásica que se poderá ver este sábado no Pazo da Cultura, a partir das 20.00 horas.

A obra diríxese a persoas adultas e ten unha duración aproximada de hora e media. As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 22 euros para o público xeral e 15,50 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

O dramaturgo Alberto Caballero escribiu esta peza teatral, a nova produción de Teatre Romea para este ano. O texto ofrece un relato biográfico dramatizado da figura do histórico orador Cicerón dende unha perspectiva máis humana.

O espectador situarase na antiga Roma, donde Cicerón desexa ser inmortal e marcar a posteridade coa súa traxectoria vital. A obra ofrece unha profunda reflexión dramática sobre a realidade política, social e cultural da historia universal.

Viejo amigo Cicerón é unha obra centrada na figura do soado orador romano, protagonista destacado das intensas loitas e as violentas transformacións acaecidas no século primeiro anterior á nosa era. José María Pou é Cicerón personificando a integridade moral de quen mantén a coherencia das súas conviccións políticas aínda nas máis adversas circunstancias.

Marco Tulio Cicerón preséntasenos, pois, como un político excepcional nun mundo de mezquinas ambicións persoais, deslealdades e pequenas componendas tan propias da vida pública desde entón. Político, xurista, orador, filósofo, divulgador, podería encarnar a soada máxima de Terencio pois nada do humano resultáballe alleo.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …