31 de xaneiro- As portas do bicentenario do natalicio de Concepción Arenal

Ferrolterra Antiga

O 31 de xaneiro de 1820 nace Concepción Arenal. Isto no seo dunha comunidade, a ferrolá, que atravesa unha grande crise; e nun contexto político convulso no que os liberais fanlle fronte ao despotismo borbónico.

De feito, a contenda afectará a familia Arenal, alterando as súas vidas de forma irreversíbel. Filla dun militar santanderino comprometido coa causa liberal, verá como o seu pai é vítima da represión exercida polos absolutistas, acumulando exilios e estadías na cadea que repercutirán negativamente na súa saúde. De tal forma que, con tan só nove anos, Concepción Arenal fica orfa de pai. Ante esta situación, e coa marca do estigma social, a familia trasladarase a casa da avoa paterna en Armaño(Cantabria) Se ben, non será esta a última ocasión na que, por mor dos seus postulados, granxearase a hostilidade e mesmo a represión por parte do estado e da sociedade convencional.

Polo seu carácter independente e inconformista chocará coas conviccións dunha sociedade na que a desigualdade de xénero viña lexitimada dende a legalidade estatal e dende a moralidade marcada pola doutrina oficial da Igrexa. Contra todo isto rebelarase unha nova Concepción Arenal, que se nega aceptar os espazos vedados e a vida limitada que se lle impoñe, simplemente, polo seu sexo. Dará mostra do seu carácter contestario ao acceder a universidade, un espazo reservado para os homes. Se ben, Concepción Arenal triunfará sobre calquera impedimento, diplomándose en dereito e desenvolvendo unha traxectoria profesional como penalista. 

Ensaísta, xornalista, precursora do feminismo; Concepción Arenal destacou polas súas reivindicación sociais, e, como xa vimos, especialmente pola súa loita en pos da emancipación da muller.

A súa extensa obra e variedades temáticas son acreditadores do seu xenio. Tal é así, que seríanos imposible comentala neste pequeno artigo . Por tanto, voltemos cara o principio do mesmo, ao día 31 de xaneiro, pero non o do ano 1820, senón ao do ano 2019. Pois, nese día cumpríanse 199 anos do nacemento de Concepción Arenal, e polo cal, entramos nunha especie de conta atrás ata o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal.

A memoria é unha cousa fráxil, que no caso dunha comunidade vese condicionada pola imaxe que quere transmitir sobre si mesma. Así pois, o esquecemento pode ser intencional, nun exercicio de memoricidio «calculado». A sociedade ferrolán non é allea a ese tipo de prácticas, tal e como reflicten algunhas das últimas efemérides que teñen pasado discretamente. Ao esquecemento do 200 aniversario da morte de Benito Vicetto, do que xa temos escrito, poderíamos engadir outros moitos esquecementos (A fundación real da vila medieval de Ferrol, A Septembrina, Carvalho…) que evidencia a narrativa oficial que dende diversos colectivos e a administración se ven potenciando dende fai xa moito tempo. Pero tamén reflicte a apatía social e a desconexión dunha comunidade coa súa historia e raigames.

A mesma figura de Concepción Arenal non foi allea a esta desmemoria, pois houbo que esperar ata o ano 1987 para que Arenal contase con un monumento na súa cidade natal. Coa ocasión dos cen anos do seu pasamento, en 1993, a cidade de Ferrol acolleu diferentes actos de homenaxe, promovidos dende ámbitos diferentes. Esperamos pois que en 2020, é hai tempo de abondo para elo, a corporación municipal, o tecido asociativo, e mesmo a cidadanía saiban cumprir con esta data sinalada.

Lea también

El 10 de marzo de 1972 en Ferrol ¿Tragedia o suceso histórico?

Enrique Barrera Beitia Todos los ferrolanos sabemos que el 10 de marzo de 1972 una …