O próximo venres comenza a temporada de contacontos para nenos na Biblioteca municipal

A Biblioteca municipal de Ferrol, na praza de España, xa ten programadas as sesións de contacontos para nenos para o último trimestre do ano. A actividade “A hora do conto”, destinada a nenos a partir de tres anos, se levará a cabo venres alternos ás 18 horas. Haberá un máximo de 35 prazas dispoñibles e 5 en lista de espera. A primeira celebrarase este mesmo venres a cargo de Pedro Brandariz. O 18 do outubro será a encargada Soledad Felloza; o 8 de novembro, Pablo Pablísimo; o 22 de novembro, Raquel Queizás, e o 13 de decembre o conto correrá a cargo de Trinke Trinke.

Pola súa banda, a actividade “A hora dos bebés” ofrece dúas sesións, unha para pequenos de entre 12 e 24 meses e outra para nenos de entre 24 e 36 meses. Neste caso haberá un máximo de 15 prazas dispoñibles e 5 en lista de espera. O venres 11 de outubro o conto correrá a cargo de Charo Pita; e 25 de outubro de Soledad Felloza; 15 de novembro de Pavís Pavós e o 29 de novembro a encargada será Raquel Queizás.

Taller Disciplina Positiva

O prazo de inscrición para participar nos talleres de Disciplina Positiva comenza esta semana. Os interesados en participar na actividade dirixida a pais, nais, mestres e persoas ao coidado de nenos de entre 3 e 10 anos, poden facer a inscrición a partir de mañá martes desde as 9 horas a través exclusivamente da páxina web mediante a solicitude que se habilitará para o mesmo. Entre os seus obxectivos está mostrar ferramentas aplicables á realidade diaria ou entender o comportamento dos fillos. O taller desenvolverase os martes entre o 22 de outubro e o 26 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas.

O segundo taller, neste caso dirixido a nais, pais, mestres e persoas ao coidado de nenos de entre 10 e 17 anos, abre o prazo de inscrición o 3 de outubro no mesmo horario que o anterior. As reunións serán os xoves entre o 17 de outubro e o 21 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas e persigue, entre outras obxectivos, entender e conectar cos fillos preadolescentes e adolescentes, obter recursos eficaces e duradeiros e aprender a vivir nun ambiente onde exista responsabilidade, respecto e cooperación deixando espazo á intimidade e liberdade.

Os talleres serán impartidos por Laura Balado, experta en coaching e desenvolvemento e educación emocional.

Lea también

O CIRS de Cervás de Ares, énchese polo Día Mundial do Teatro

Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende …