A concelleira de Economía destaca a necesidade de que Ferrol se volva involucrar no Eixo Atlántico

María Teresa Deus na reunión do Eixe Atlático | Concello de Ferrol

A concelleira de Economía, María Teresa Deus, participou hoxe en Santiago na presentación da Guía para a captación de inversións na área do Eixo Atlántico. Ao acto, no Auditorio de Galicia, acudiron 60 representantes políticos e técnicos das cidades da eurorrexión, que tiveron coñecemento de primeira man da análise da situación de infraestructuras que contén este informe. Neste foro tamén se reflexionou sobre a asimetría en canto á captación de inversións que existe entre Galicia e o norte de Portugal, que nos últimos anos aproveitou a iniciativa das Câmaras portuguesas para captar recursos e crear emprego. Mentres, tal e como puxo de relevancia o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, os concellos galegos non dispoñen de capacidade legal nin de recursos para atraer inversións, principalmente, dixo, a causa da chamada lei Montoro, que impide un “endebedamento produtivo”.

María Teresa Deus asegurou tras a reunión que para Ferrol é “moi positivo” estar presente nos foros deste tipo e participar das iniciativas do Eixo Atlántico polas importantes sinerxias que se xeran. Sobre este encontro en concreto, dixo que se puxeron sobre a mesa cuestións “moi interesantes” relacionadas coa captación de financiamento e tamén co desenvolvemento das infraestruturas de comunicación. A edil lembrou que o Concello ferrolán forma parte do organismo desde os seus inicios que avanzou que a intención do goberno local e “retomar” a participación activa no Eixo.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …