O Concello anima á poboación para votar polo dique de A Cabana, finalista da II edición dos Premios de Economía Azul

María Teresa Deus e Julián Reina visitando o dique da Cabana trala restauración | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Patrimonio que dirixe María Teresa Deus, anima á poboación para votar pola recuperación e restauración do dique de A Cabana, un dos tres proxectos finalistas na categoría “Diversificación” da II edición dos Premios de Economía Azul outorgados pola Consellería do Mar da Xunta.

Trátase dun proxecto que ten un alto valor patrimonial e cultural, como recolle o departamento autonómico, que estivo ligado nos seus orixes, e en boa parte da súa existencia, á actividade de estaleiro e carpintería de ribeira. As obras de restauración, impulsadas polo Concello de Ferrol, remataron a finais de 2019 tras dous anos de traballo e consistiron na creación dun espazo de interpretación das actividades e as tradicións mariñeiras que permitirá potenciar o seu coñecemento e concienciar á sociedade da importancia das actividades relacionadas co mar.

O proxecto tivo un custe total de 217.390 euros e compite na súa mesma categoría coa apertura dunha peixaría turística na localidade de Mallou (Carnota-A Coruña) e coa Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos como recurso patrimonial e turístico (A Guarda-Pontevedra).

Os premios contan con cinco categorías: apoio á pesca costeira artesanal, creación de emprego, diversificación, innovación local e economía circular. Cada persoa poderá votar só a un dos proxectos de cada categoría.

O obxectivo é recoñecer os proxectos máis destacados dos que levan a cabo os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). Ata o próximo 20 do outubro pódese votar na páxina https://galp.xunta.gal/candidatos-aos-ii-premios-economia-azul.

Lea también

Aprobada en Ferrol la reparación de aceras en diversos puntos

La Junta de Gobierno Local ferrolano JGL dió luz verde al expediente de contratación de …