O Concello inicia unha nova edición do Club de Lectura de Poesía na Biblioteca con poemas de Amiri Baraka

O Concello de Ferrol pon en marcha unha nova edición do Club de Lectura de Poesía da Biblioteca municipal, na praza de España. Arranca así unha serie de sesións entre os meses de outubro, e a primeira delas será o próximo luns, 7 de outubro, ás 19.30 horas, na aula audiovisual, no terceiro andar. Nesta ocasión leranse poemas de Amiri Baraka, un dos grandes poetas da xeración beat afroamericana.

As citas serán unha vez ao mes e xa están programadas as lecturas de todo o curso. O 18 de novembro será a quenda de Antonio Ramos; o 16 de decembro, Frank O’Hara; 20 de xaneiro, Cora Coralina e Sharon Olds; o 17 de febreiro, Ida Vitale; 16 de marzo, Margarite Yourcenar; 20 de abril, Carvalho Calero e Josep Brodski, e o 18 de maio leranse poemas de Charles Simic e Henry Michaux.

Lea también

Clausura da II edición das Residencias Artísticas Mariñán

A segunda edición das Residencias Artísticas Mariñán, organizadas pola área de Cultura da Deputación da …